martes, 31 de marzo de 2020

ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS


 AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias recibir información do colexio sobre os seus fillos a través do teléfono móbil.
Algúns pais e nais do alumnado de 4º de primaria xa dispoñedes desta aplicación  e recibides  comunicacións por parte do profesorado. Para os que non contades con ela, quero animarvos a facelo, xa que  sempre é unha ferramenta útil, pero hoxe, dadas as circunstancias que estamos vivindo, é un medio necesario de comunicación para poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Premendo na imaxe pódese acceder ao espazo de descarga da aplicación onde tamén se atopa unha guía explicando como facelo.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/app-de-comunicaci%C3%B3n-abalarMobil-para-familias


GUÍA DE COMO INSTALAR ABALAR MÓBIL

Ningún comentario:

Publicar un comentario