PARA SABER MÁIS SOBRE OS NÚMEROS ROMANOS E PRACTICAR UN POUCO PODES PREMER NOS SEGUINTES ENLACES
mércores, 30 de setembro de 2020
venres, 29 de maio de 2020
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE 4º DE PRIMARIA
Debido á situación provocada polo Covid-19 foi necesario realizar
unha adaptación das programacións de 4º de Educación primaria para o
terceiro trimestre, pinchando sobre o nome podedes ver a das
correspondentes áreas.
MATEMÁTICAS, LINGUA GALEGA E LITERATURA, LENGUA CASTELLANA E LITERATURA E VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
A programación das restantes materias pode consultarse na páxina web do centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposalvador/node/646
venres, 17 de abril de 2020
Proposta de actividades
Ola de novo a todos e todas!
Imos continuar cunha nova proposta de actividades xa que a maioría xa rematastes o traballo anterior.
Anímovos a ir traballando con tranquilidade cada un desde a súa casa, sabendo que todos estamos facendo un esforzo para continuar aprendendo, aínda que agora o máis importante é coidar a nosa saúde e a dos que nos rodean.
A vindeira semana enviarei fichas das tres áreas para que cada un/unha vaia traballando sen présas e ao seu ritmo.
Cando vaiades rematando o traballo podedes enviarmo a remedioscampos@edu.xunta.es.

martes, 31 de marzo de 2020
ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS
AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias recibir información do colexio sobre os seus fillos a través do teléfono móbil.
Algúns pais e nais do alumnado de 4º de primaria xa dispoñedes desta aplicación e recibides comunicacións por parte do profesorado. Para os que non contades con ela, quero animarvos a facelo, xa que sempre é unha ferramenta útil, pero hoxe, dadas as circunstancias que estamos vivindo, é un medio necesario de comunicación para poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Premendo na imaxe pódese acceder ao espazo de descarga da aplicación onde tamén se atopa unha guía explicando como facelo.
GUÍA DE COMO INSTALAR ABALAR MÓBIL
mércores, 25 de marzo de 2020
Actividades de matemáticas
Bo día!
Que tal vai ese traballo?
Para os/as que xa rematastes o anterior esta é unha nova proposta de actividades para continuar repasando.
Que tal vai ese traballo?
Para os/as que xa rematastes o anterior esta é unha nova proposta de actividades para continuar repasando.
Ánimo!!!
luns, 23 de marzo de 2020
venres, 13 de marzo de 2020
ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS
As de Lingua galega e Lingua castelá xa foron anotadas polos alumnos o xoves día 12.
martes, 10 de marzo de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo da celebración do Día internacional da Muller, os nenos e nenas de cuarto curso estiveron buscando información sobre as mulleres no Antigo Exipto, encontrando datos nalgúns casos ben curiosos. Aquí vos deixamos unha mostra deste traballo tan interesante.
Os xeroglícos foron un sistema de escritura inventado polos antigos exipcios.
A ver se descobres esta mensaxe.
Os xeroglícos foron un sistema de escritura inventado polos antigos exipcios.
A ver se descobres esta mensaxe.
venres, 28 de febreiro de 2020
DÍA DE ROSALÍA
Aínda que cun pouco de retraso por mor das vacación de entroido, estivemos celebrando o DÍA DE ROSALÍA. Despois de falar sobre a vida desta autora e ler o seu poema “Pasa,río, pasa, río” realizamos este mural.
xoves, 27 de febreiro de 2020
Celebrando o entroido
O venres, antes das vacacións, xuntámonos todos para celebrar o Entroido, comezamos cun percorrido polo pobo
e un desfile e baile conxunto na praza do Concello. Pero iso non foi todo, ao volver para o cole aínda nos quedaba a queima do entroido, croisants con chocolate e, para rematar, un circuíto con xogos !
PASÁMOLO XENIAL!!!

PASÁMOLO XENIAL!!!
mércores, 26 de febreiro de 2020
Recetas de entroido
luns, 27 de xaneiro de 2020
venres, 10 de xaneiro de 2020
Festival de Nadal
Antes de comezar as vacacións todo o colexio, acompañados dun bo número de familiares, celebramos o festival de Nadal, que este ano estivo inspirado no tema do proxecto interdisciplinar: A Volta ao mundo en 80 días.
Con moita ilusión e tamén algúns nervios os nenos e nenas de cuarto, caracterizados de exipcios, deleitáronnos bailando
Con moita ilusión e tamén algúns nervios os nenos e nenas de cuarto, caracterizados de exipcios, deleitáronnos bailando
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)